FAMILIA NUMEROSA

FAMILIA NUMEROSA

CON Mª JOSÉ Y ANTONIO

CON Mª JOSÉ Y ANTONIO

25 DICIEMBRE 2011

25 DICIEMBRE 2011

75 ANIVERSARIO DE TINO

75 ANIVERSARIO DE TINO
15 de mayo de 2011

25 DE DICIEMBRE DE 2010

25 DE DICIEMBRE DE 2010

FERIA DE SAN FROILÁN 2009

FERIA DE SAN FROILÁN 2009

73 CUMPLEAÑOS DE TINO, AÑO 2009

73 CUMPLEAÑOS DE TINO, AÑO 2009

CEDEIRA, 21 de septiembre de 2008

CEDEIRA, 21 de septiembre de 2008
Con mis tíos Mª José y Antonio

AÑO 2002

AÑO 2002
Reunión durante las Fiestas del Rosario en Baamonde

domingo, 3 de marzo de 2013

SKARALLAOS, NOTICIAS

http://galiciaconfidencial.com/nova/13411.html?fb_action_ids=10200333051081838&fb_action_types=og.recommends&fb_source=other_multiline&action_object_map={%2210200333051081838%22%3A145546475610600}&action_type_map={%2210200333051081838%22%3A%22og.recommends%22}&action_ref_map=[]


A banda presume que os seus directos “non deixan indiferente a ninguén”, e con razón: nun concerto de Skarallaos o público súa, literalmente, a camiseta. Moncho (guitarra e voz), Jose (clarinete, saxo, guitarra e voz), Álex (batería e coros), Luciano (baixo e coros), Miguel (saxo alto e coros) e Fernan (teclado e acordeón) dano todo enriba do escenario, bailando e facendo bailar aos que están abaixo.
Os veciños da Coruña, onde os Skarallaos conseguen xuntar a ducias de persoas cada vez que tocan nas rúas da cidade, sábeno ben. E a partir de marzo tamén o poderá comprobar calquera que queira pasarse por algunha das datas xa confirmadas da que será a próxima xira de Skarallaos polas salas galegas, bautizada como Sin Fronteras Tour.
 
A rolda de concertos comezará o venres 1 de marzo no Pub d’Antón da Laracha, un dos locais con máis programación de cultura galega da provincia da Coruña. Os Skarallaos tocarán despois na sala A Reserva de Carballo (venres 15) e no Carpe The End de Monforte (sábado 16), no que é o único concerto na provincia de Lugo neste primeiro lote de datas.
 
A seguinte fin de semana os Skarallaos aterran en Pontevedra, onde contan con moitos fans; tocarán na sala Discotasca de Redondela (venres 22) e na Taberna Marrucho de Baiona (sábado 23). Son as primeiras datas da presentación por Galicia de Sin Fronteras, o primeiro disco de Skarallaos, publicado en 2012.
 
‘Sin Fronteras’, o primeiro disco de Skarallaos fíxose esperar. O primeiro disco de Skarallaos publicouse no verán de 2012 despois de case un ano de gravación e produción, e o traballo pagou a pena: 100% autoeditado, Sin Fronteras recolle 14 cancións que manteñen o espírito festeiro e positivo dos directos da banda de Culleredo, o aspecto social e contestatario das letras e a variada instrumentación que tamén os caracteriza. 
 
Entre esas 14 pezas están algunhas das máis coreadas polo público nos preto de 200 concertos que os Skarallaos levan ofrecido nos seus catro anos de historia, como Mentira ou Traballo temporal.
 
O disco tamén inclúe colaboracións especiais de músicos como Miguel González (saxo alto), Carlos Márquez (trombón), Fres (guitarra) ou Javier Cedrón (violín), e Vietato, unha peza interpretada xunta o grupo italiano Rumba de Bodas. Sin Fronteras pode escoitarse en plataformas dixitais como iTunes ou Spotify ou na canle de Skarallaos en YouTube.
 
Despois de máis de 200 concertos en cinco anos, ducias de actuacións na rúa e xiras internacionais; despois de compartir escenario con Che Sudaka ou La Pegatina e de participar en festivais de renome como o Foundation Reggae, o Brincadeira ou o Buskers (Barcelona); e despois de dalo todo en cada unha destas actuacións, os Skarallaos vanse consagrando, cada vez máis, como un sólido referente da fusión ska-reggae-punk non só en Galicia, senón tamén a nivel estatal.
 
 Os Skarallaos nunha imaxe do seu Facebook / Sabrina del Din