FAMILIA NUMEROSA
CON Mª JOSÉ Y ANTONIO
25 DICIEMBRE 2011
75 ANIVERSARIO DE TINO
25 DE DICIEMBRE DE 2010
FERIA DE SAN FROILÁN 2009
73 CUMPLEAÑOS DE TINO, AÑO 2009
CEDEIRA, 21 de septiembre de 2008
AÑO 2002
sábado, 28 de septiembre de 2013
sábado, 18 de mayo de 2013
martes, 12 de marzo de 2013
domingo, 3 de marzo de 2013
SKARALLAOS, NOTICIAS
http://galiciaconfidencial.com/nova/13411.html?fb_action_ids=10200333051081838&fb_action_types=og.recommends&fb_source=other_multiline&action_object_map={%2210200333051081838%22%3A145546475610600}&action_type_map={%2210200333051081838%22%3A%22og.recommends%22}&action_ref_map=[]
A banda presume que os seus directos “non deixan indiferente a ninguén”, e con razón: nun concerto de Skarallaos
o público súa, literalmente, a camiseta. Moncho (guitarra e voz), Jose
(clarinete, saxo, guitarra e voz), Álex (batería e coros), Luciano
(baixo e coros), Miguel (saxo alto e coros) e Fernan (teclado e
acordeón) dano todo enriba do escenario, bailando e facendo bailar aos
que están abaixo.
Os veciños da Coruña, onde os Skarallaos conseguen xuntar a ducias de
persoas cada vez que tocan nas rúas da cidade, sábeno ben. E a partir de
marzo tamén o poderá comprobar calquera que queira pasarse por algunha
das datas xa confirmadas da que será a próxima xira de Skarallaos polas
salas galegas, bautizada como Sin Fronteras Tour.
A rolda de concertos comezará o venres 1 de marzo no Pub d’Antón da Laracha,
un dos locais con máis programación de cultura galega da provincia da
Coruña. Os Skarallaos tocarán despois na sala A Reserva de Carballo
(venres 15) e no Carpe The End de Monforte (sábado 16), no que é o único
concerto na provincia de Lugo neste primeiro lote de datas.
A seguinte fin de semana os Skarallaos aterran en Pontevedra, onde
contan con moitos fans; tocarán na sala Discotasca de Redondela (venres
22) e na Taberna Marrucho de Baiona (sábado 23). Son as primeiras datas
da presentación por Galicia de Sin Fronteras, o primeiro disco de
Skarallaos, publicado en 2012.
‘Sin Fronteras’,
o primeiro disco de Skarallaos fíxose esperar. O primeiro disco de
Skarallaos publicouse no verán de 2012 despois de case un ano de
gravación e produción, e o traballo pagou a pena: 100% autoeditado, Sin
Fronteras recolle 14 cancións que manteñen o espírito festeiro e
positivo dos directos da banda de Culleredo, o aspecto social e
contestatario das letras e a variada instrumentación que tamén os
caracteriza.
Entre esas 14 pezas están algunhas das máis coreadas polo público nos
preto de 200 concertos que os Skarallaos levan ofrecido nos seus catro
anos de historia, como Mentira ou Traballo temporal.
O disco tamén inclúe colaboracións especiais de músicos como Miguel
González (saxo alto), Carlos Márquez (trombón), Fres (guitarra) ou
Javier Cedrón (violín), e Vietato, unha peza interpretada xunta o grupo
italiano Rumba de Bodas. Sin Fronteras pode escoitarse en plataformas
dixitais como iTunes ou Spotify ou na canle de Skarallaos en YouTube.
Despois de máis de 200 concertos en cinco anos, ducias de actuacións na
rúa e xiras internacionais; despois de compartir escenario con Che
Sudaka ou La Pegatina e de participar en festivais de renome como o
Foundation Reggae, o Brincadeira ou o Buskers (Barcelona); e despois de
dalo todo en cada unha destas actuacións, os Skarallaos vanse
consagrando, cada vez máis, como un sólido referente da fusión
ska-reggae-punk non só en Galicia, senón tamén a nivel estatal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)